terça-feira, 31 de maio de 2011

1ª FASE do II INTERCAMBIO co IES FERRO COUSELO de Ourense

Por segundo ano consecutivo, e despois de  estar preparando durante todo o curso o encontro con cartas de presentación, vídeos, etc.;  o alumnado de 1º ESO dos centros CPI de Mondariz e do IES Ferro Couselo de Ourense levaron a cabo a 1ª fase do Intercambio lingüistico-termal

@s nos@s alumn@s foron recibidos polos seus compañeiros ourensáns nas dependencias do seu centro e alí agasalláronnos cun vídeo informativo sobre as instalacións do seu IES e as distintas ofertas de turismo termal que ofrece a provincia de Ourense.

A continuación visitamos as Burgas, onde nos recibiu un guía do concello de Ourense e nos deu unha explicación sobre as propiedades mineromedicinais das augas, así como anécdotas sobre a historia da Burga.

Logo comezamos un percorrido pola marxe do Miño descubrindo as distintas pozas termais, dende A Chavasqueira, o Tinteiro, o Muíño da Veiga e Outariz; onde gozamos do baño e dunha xornada de convivencia entre os dous centros.

A seguinte fase do noso Intercambio é a visita do alumnado do IES Ferro Couselo a Mondariz. Agardámosvos e esperemos que o pasedes tan ben como nós en Ourense; en canto déixovos unha pequena galería de fotos para que non vos esquezades de nós. 






segunda-feira, 23 de maio de 2011

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2011- LIP DUB

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o EDLG xunto co Departamento de Lingua Galega e Literatura do CPI de Mondariz, organizaron unha pequena homenaxe ao galego e ao poeta monfortino Lois Pereiro. 
Deixámosvos o noso humilde traballo en forma de LIP DUB, A viaxe da nosa lingua, esperamos que vos guste e...

GRAZAS A TOD@S POLA COLABORACIÓN, sen vós non sería posible este vídeo.



quarta-feira, 11 de maio de 2011

LETRAS GALEGAS 2011

LOIS PEREIRO



Declaración

Amarte, vida, amarte case sempre,
inda que sexas dura e leves entremedias
piedade e odio intermitente.

Es ti a que sempre educas e aceleras
a doenza letal dos que non se resignan
a ignorar como es en realidade:
somentes un traxecto
cómodo e aldraxante cara á morte,
un tránsito inútil e innecesario.

Pero a ignorancia salva ós que non queren
arriscarse a perderte tan axiña
a cambio da renuncia a profanarte.

E aqueles dentes que perdín
precisaríaos agora para defender
as convicións nas que me reafirmo.

Solidario e amable, se é posible,
ou lobo estepario no desterro, completarei o círculo insurxente
coas balas do desexo.

Poesía última de amor e enfermidade, Lois Pereiro

terça-feira, 3 de maio de 2011

INTERCAMBIO IES FERRO COUSELO (OURENSE)

O alumnado de 1º ESO do CPI  de Mondariz continúa preparando o seu  intercambio lingüístico-cultural co alumnado de 1º ESO do IES Ferro Couselo de Ourense.
A continuación deixámosvos outra mostra de vídeos onde  falan do centro e das riquezas culturais das distintas parroquias do concello de Mondariz.

Esperamos que vos gusten. Seguiremos informando!!

domingo, 1 de maio de 2011

"Lendas douradas" de Roi Casal


Cólgovos o 1º videoclip do álbum Lendas douradas de Roi Casal, botádelle unha ollada e logo opinade...

C