segunda-feira, 30 de abril de 2012

Concurso!

Como parte das celebracións do 17 de maio, a Xunta vén de convocar un concurso de textos de amor -en galego, enténdese-, para os mozos e mozas. Quen estea interesado en participar ten toda a información nesta ligazón.

quarta-feira, 25 de abril de 2012

Dicionarios de galego


Para facilitarvos a lectura dos textos de Castelao, aquí tendes as ligazóns a dous dicionarios bastante completos:
- O da Academia Galega
- O de Alonso Estraviz

domingo, 22 de abril de 2012

Hai amores que matan


A compañía de Teatro Chévere, logo da súa "expulsión" de Santiago de Compostela, ten andado hiperactiva a preparar obras de teatro, gañar premios ás medias ducias e, o que máis nos interesa, a preparar unha obra-culebrón-historiaonline xunto cos alumnos do IES A Cachada de Boiro.
A idea é adaptar a traxedia de Shakespeare "Romeo e Xulieta" ao noso tempo e espazo: o amor imposible dunha parella de mozos que pertencen a familias... que falan diferentes idiomas!
Quen dixo que en galego non se liga?
NESTA LIGAZÓN podedes ver toda a información sobre a actividade.
E AQUÍ tendes os videos para ir seguindo a súa evolución.