domingo, 6 de março de 2011

O ENTROIDO GALEGO

Estamos en época de "pantallas", "cigarróns", "peliqueiros", "felos",  "boteiros", "xenerais", "máscaras"... todos eles se dan cita no Entroido galego.
Os cigarróns de Verín


Os boteiros de Viana do Bolo

As pantallas de Xinzo de Limia

O Entroido é unha festa popular que marca a fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e pagáns, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.

Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia; peliqueiros, cigarróns e pantallas centran a atención dos visitantes. Con todo, noutros lugares da xeografia galega tamén se vive con especial interese a chegada desta festa.


Os felos de Maceda


Os xenerais da comarca do Ulla


Non podemos esquecernos tampouco da gastronomía antroideira; así, lacón, grelos, patacas, filloas e orellas son manxares que non poden faltar na mesa dun galego de pro.



A DISFRUTAR DO ENTROIDO!!!!!!!!