sábado, 29 de setembro de 2018

A prosa de vangarda: Rafael Dieste

Outro dos autores que estudamos dentro do período das vangardas é Rafael Dieste, importante prosista da nosa literatura. Dentro das súas obras destacamos o libro de relatos Dos arquivos do trasno.
Este libro de relatos breves é unha das xoias máis valiosas da literatura galega. Foi publicado por primeira vez en 1926 só con oito relatos, pero xa na segunda edición, de 1962, aumentouse o número de relatos a vinte.
Os relatos presentan unha temática variada, con predominio da intriga e o medo. Ten chamadas ao lector, as cales fan que nos introduzamos na historia e comprendamos a agonía dos personaxes.
A continuación enlázovos a blbioteca virtual para que poidades acceder a algúns dos relatos do libro, clicade enriba.

       

Manuel Antonio e as Vangardas

Para o alumnado de 4º ESO. Cólgovos dúas mostras do poema "Sós" de Manuel Antonio que vimos na clase pero agora musicados e con imaxes do mar de fondo.

Se queredes aprofundar no estudo de Manuel Antonio e comentar máis poemas recoméndovos que cliquedes enriba do seguinte enlace:


E agora mirade este vídeo que fixeron o ano pasado os rapaces de 4º ESO do IES Pino Manso do Porriño.
Traballaron con caligramas que fixeron eles sobre poemas de Manuel Antonio, Martín Códax e Curros Enríquez para facer unha exposición sobre o mar.  Está moi interesante.

E se nos animamos nós a facer algo así?

Castelao on-line/en liña





anaya digital Se nós galegos tivésemos algo semellante ao que estadounidenses chaman Pais Fundadores (Founding Fathers), habería poucas discusións sobre o lugar preeminente que a a xigantesca figura de Daniel Afonso Rodríguez Castelao ocuparía entre eles. Se Rosalía creou unha Matria, e grazas en boa medida a Castelao que hoxe en día temos Patria...
Para traballardes a súa figura modelar en tantos aspectos (éticos, estéticos -como artista plástico e literato-, humanos...), podedes botar man dos seguintes recursos:


1) Biografía: os textos biográficos sobre Castelao son abondosos; por fiábeis e completos podemos destacar os seguintes: Biblioteca Virtual Galega; Wikipedia; Praza das Letras; Editorial Galaxia. Se non vos apetece ler, vede esta reportaxe en tres partes, producida pola TVG e disponíbel en VIMEO.

2) Obra literaria: as edicións canónicas da produción narrativa e ensaística de Castelao están publicadas pola editorial Galaxia, sexa na obra completa en seis volumes sexa en tomos individuais; no caso dos segundos, carecen de calquera introdución explicativa.
Se pinchades no enlace Cousas podedes ter acceso a algúns dos seus textos.

 Ademais, pódese ter en conta a monumental edición do Sempre em Galiza publicada por Através editora, que destaca por estar adaptada á ortografía internacional do galego e contar cunha introdución onde a importancia desta obra é explicada por figuras tan relevantes como X. M. Beiras, Francisco Rodríguez, Camilo Nogueira ou Luis Gonçales "Foz".

3) Obra plástica: parte da obra gráfica de Castelao está igualmente editada por Galaxia -o álbum NÓS, os Debuxos de negros, As cruces de pedra na Bretaña e na Galiza e as Cousas da vida- . Os seus Álbumes de Guerra -Atila en Galicia, Milicianos e Galicia mártir- publícaos a Editorial Akal. Ademais, existen varias páxinas onde se poden visualizar deseños, ilustracións e cadros de Castelao: a colección Novacaixagalicia dános acceso aos debuxos orixinais e pinturas dos seus fondos; en allpaintings.com teñen 18 páxinas inzadas de obras de todo tipo (até caricaturas feitas sobre menús!); o Museu de Pontevedra, do que Castelao foi fundador, atesoura un bo número de orixinais, que se poden ver ordenados por temas ou coleccións.

4) Miscelánea: a vida, obra e pensamento de Castelao trascende alén do seu tempo. Nesta sección agrúpanse materiais diversos para axudar á reflexión:

- En 1984 tráese o corpo de Castelao desde o cemiterio bonaerense da Chacarita, para ser soterrado no Panteón de Bonaval. Neste video de RTVE-G, e por baixo do relambido relato da locutora, pódense escoitar os berros e ver a carga policial contra os que consideraban que este retorno era unha traizón ao desexos do propio Castelao de só voltar "cando Galiza fose libre":
anaya digitalanaya digital

- Por ser unha figura moderna, conservaanaya digitalmos algunhas gravacións da súa voz -en español-. Eilas:
anaya digital

- Finalmente, cancións ou versions musicadas de textos inspirados por ou adicados a Castelao:




Cantigas a esgalha!

Movéndovos polas seguintes ligazóns ides acceder a un monte de cantigas medievais entre as que buscar. Collede a que máis raiba vos dea e traédeme feito un comentario en condicións o luns 5 de decembro; o 7 ou ou 9 devólvoo corrixido e a semana seguinte exame. Aquí non hai tempo de aburrirse!!!
Na parte superior da páxina que abrides aparecen unhas frechas para movervos adiante e atrás. Se hai unha cantiga que vos gusta pero non entendedes algunha palabra preguntádeme canto antes; se non entendedes nada buscade outra:
- Cantigas de amigo
- Cantigas de amor
- Cantigas de escarnho e mal-dizerPS: as de escarnio son moi divertidas de ler pero moi difíciles de comentar, así que non vos pasedes de listos. Quen me avisa meu amigo é.

O seseo, a gheada e outras variantes dialectais.

Non sempre o seseo e a gheada, así coma outros fenómenos dialectais, gozaron de prestixio e recoñecemento entre os falantes; de feito, na TVG era "raro" cando menos, escoitar estas variantes a non ser en falantes illados que eran entrevistados nos informativos locais. A serie que marca un fito histórico é Mareas vivas, onde por primeira vez podiamos escoitar a variedade lingüística do Bloque Occidental, con mostras de seseo e gheada habituais nos personaxes que participaban na serie.



Neste outro fragmanto da serie Magnum, vemos como Higgins se nega a aceptar a gheada, botádelle un ollo.


Cólgovos tamén un enlace da variedade máis descoñecida para vós, a do Bloque Orienteal. Fixádevos no minuto 52, tedes unha mostra do plural en -ois. Pero ademais podedes escoitar outros trazos caresterísticos deste Bloque, buscádeos!  Se podedes aconséllovos ver a peli. 


Recoméndovos tamén que lle volvades botar un ollo a aquel vídeo que vos puxera da tal Marta de GH, no que falaba sobre o seseo e a gheada. Pinchade en entradas anteriores ata que deades con ela.