quarta-feira, 8 de fevereiro de 2017

A prosa de vangarda: Rafael Dieste

Outro dos autores que estudamos dentro do período das vangardas é Rafael Dieste, importante prosista da nosa literatura. Dentro das súas obras destacamos o libro de relatos Dos arquivos do trasno.
Este libro de relatos breves é unha das xoias máis valiosas da literatura galega. Foi publicado por primeira vez en 1926 só con oito relatos, pero xa na segunda edición, de 1962, aumentouse o número de relatos a vinte.
Os relatos presentan unha temática variada, con predominio da intriga e o medo. Ten chamadas ao lector, as cales fan que nos introduzamos na historia e comprendamos a agonía dos personaxes.
A continuación enlázovos a blbioteca virtual para que poidades acceder a algúns dos relatos do libro, clicade enriba.

       

A esmorga de Blanco Amor, lectura obrigatoria en 4º ESO

Esmorga: 
Unha das acepcións máis coñecidas deste vocábulo é: Diversión buliciosa e esaxerada. Pasou toda a noite de esmorga.                            SIN. algueirada,festa, foliada, rexouba, ruada, troula, trouleo, xolda.


Pois ben, partindo do significado máis primario desta palabra, o grande escritor ourensán, Eduardo Blanco Amor, artella a súa Esmorga particular, na que dá vida a tres personaxes marxinais: O Cibrán ou Castizo, O Bocas e o Milhomes, que deambulan por Auria (trasunto de Ourense) e os seus arredores, bebendo e soñando sen poder escapar da traxedia que a propia miseria lles ten destinada.

Esta xoia da literatura galega, que foi publicada en 1959 durante o exilio do autor en Bos Aires, estrutúrase en tres partes. A primera parte é o capítulo de "Documentación" no cal se nos presenta un hombre, que a semellanza co Quixote, conseguiu os documentos que conteñen a historia, coa característica de que esta persoa debe servirse de testemuñas dubidosas e documentos incompletos para recompor o que sucedeu naquela historia. A segunda parte vén composta polas confesións ante o xuíz dun dos personaxes (Cibrán) relatando todo o que sucedeu e o que sabe. E a terceira parte é a propia historia, os acontecementos que sucederon neses tres días que dura a historia e que levaron a Cibrán a declarar ante o xuíz. A primeira parte da estrutura (Documentación) abre e pecha a novela informándonos sutilmente do que sucedeu con Cibrán.

O concello de Ourense, que hai uns anos colocou uns azulexos en distintos puntos da cidade para marcar os espazos que se recrean na novela; ofrece através da súa oficina de turismo, trípticos e guías que van parando diante dos devanditos azulexos e van explicando fragmentos da obra, trátase dun roteiro literario pola vella Auria.


Se pinchades abaixo tedes a explicación do roteiro.

terça-feira, 7 de fevereiro de 2017

Manuel Antonio e as Vangardas

Para o alumnado de 4º ESO. Cólgovos dúas mostras do poema "Sós" de Manuel Antonio que vimos na clase pero agora musicados e con imaxes do mar de fondo.

Se queredes aprofundar no estudo de Manuel Antonio e comentar máis poemas recoméndovos que cliquedes enriba do seguinte enlace:


E agora mirade este vídeo que fixeron o ano pasado os rapaces de 4º ESO do IES Pino Manso do Porriño.
Traballaron con caligramas que fixeron eles sobre poemas de Manuel Antonio, Martín Códax e Curros Enríquez para facer unha exposición sobre o mar.  Está moi interesante.

E se nos animamos nós a facer algo así?

quinta-feira, 21 de abril de 2016

Ledicia Costas visita o CPI de Mondariz

A escritora galega Ledicia Costas veu visitar o alumnado de 4º, 3º e 1º ESO do noso centro. Falounos das moitas anécdotas e curiosidades que rodean as súas obras Unha estrela no vento, Corazón de Xúpiter e Escarlatina, a cociñeira defunta. 

 
A rapazada aproveitou para facer preguntas e saciar a súa sede curiosa sobre estas lecturas.
                   Disfrutamos moito.

Encantad@s de terte entre nós, Ledicia, ata a próxima! 

segunda-feira, 18 de abril de 2016

Visita de Ledicia Costas

O vindeiro martes 19 de abril estará con todos nós a autora de Escarlatina, a cociñeira defunta; Unha estrela no vento; Corazón de Xúpiter... entre outros títulos.



terça-feira, 2 de fevereiro de 2016

CONCURSOS LITERARIOS

Para todo o alumnado ao que lles guste escribir relatos e lle apeteza participar en concursos literarios, desde o Departamento animámosvos a que o fagades!!!!


Agora mesmo está aberto o prazo para dous concursos, un que organiza a asociación cultural O Facho, co nome  Concurso Literario Carlos Casares; e outro que organiza a FANPA (Federación de ANPA dos centros públicos da provincia de Pontevedra) co nome Certame de relato curto Non te durmas


Se pinchades na imaxe dos concursos xa tedes os enlaces ás páxinas e alí podedes ver consultar as bases.