quarta-feira, 8 de fevereiro de 2017

A esmorga de Blanco Amor, lectura obrigatoria en 4º ESO

Esmorga: 
Unha das acepcións máis coñecidas deste vocábulo é: Diversión buliciosa e esaxerada. Pasou toda a noite de esmorga.                            SIN. algueirada,festa, foliada, rexouba, ruada, troula, trouleo, xolda.


Pois ben, partindo do significado máis primario desta palabra, o grande escritor ourensán, Eduardo Blanco Amor, artella a súa Esmorga particular, na que dá vida a tres personaxes marxinais: O Cibrán ou Castizo, O Bocas e o Milhomes, que deambulan por Auria (trasunto de Ourense) e os seus arredores, bebendo e soñando sen poder escapar da traxedia que a propia miseria lles ten destinada.

Esta xoia da literatura galega, que foi publicada en 1959 durante o exilio do autor en Bos Aires, estrutúrase en tres partes. A primera parte é o capítulo de "Documentación" no cal se nos presenta un hombre, que a semellanza co Quixote, conseguiu os documentos que conteñen a historia, coa característica de que esta persoa debe servirse de testemuñas dubidosas e documentos incompletos para recompor o que sucedeu naquela historia. A segunda parte vén composta polas confesións ante o xuíz dun dos personaxes (Cibrán) relatando todo o que sucedeu e o que sabe. E a terceira parte é a propia historia, os acontecementos que sucederon neses tres días que dura a historia e que levaron a Cibrán a declarar ante o xuíz. A primeira parte da estrutura (Documentación) abre e pecha a novela informándonos sutilmente do que sucedeu con Cibrán.

O concello de Ourense, que hai uns anos colocou uns azulexos en distintos puntos da cidade para marcar os espazos que se recrean na novela; ofrece através da súa oficina de turismo, trípticos e guías que van parando diante dos devanditos azulexos e van explicando fragmentos da obra, trátase dun roteiro literario pola vella Auria.


Se pinchades abaixo tedes a explicación do roteiro.

Sem comentários:

Enviar um comentário