terça-feira, 31 de maio de 2011

1ª FASE do II INTERCAMBIO co IES FERRO COUSELO de Ourense

Por segundo ano consecutivo, e despois de  estar preparando durante todo o curso o encontro con cartas de presentación, vídeos, etc.;  o alumnado de 1º ESO dos centros CPI de Mondariz e do IES Ferro Couselo de Ourense levaron a cabo a 1ª fase do Intercambio lingüistico-termal

@s nos@s alumn@s foron recibidos polos seus compañeiros ourensáns nas dependencias do seu centro e alí agasalláronnos cun vídeo informativo sobre as instalacións do seu IES e as distintas ofertas de turismo termal que ofrece a provincia de Ourense.

A continuación visitamos as Burgas, onde nos recibiu un guía do concello de Ourense e nos deu unha explicación sobre as propiedades mineromedicinais das augas, así como anécdotas sobre a historia da Burga.

Logo comezamos un percorrido pola marxe do Miño descubrindo as distintas pozas termais, dende A Chavasqueira, o Tinteiro, o Muíño da Veiga e Outariz; onde gozamos do baño e dunha xornada de convivencia entre os dous centros.

A seguinte fase do noso Intercambio é a visita do alumnado do IES Ferro Couselo a Mondariz. Agardámosvos e esperemos que o pasedes tan ben como nós en Ourense; en canto déixovos unha pequena galería de fotos para que non vos esquezades de nós. 






6 comentários:

  1. Tiñamos que repetilo profe!!!
    Foi xenial!!!

    ResponderEliminar
  2. Esperando a vosa visita o 20 de xuño!!=)

    ResponderEliminar
  3. Pasámolo xenial nesta excursión!!!!

    ResponderEliminar
  4. Espero que o pasarades ben nestas terras (e augas, ha ha ha). Ao final, tivemos sorte coa climatoloxía e puidemos aproveitar ben o día.
    Moi pronto vou colgar no noso blogue un vídeo sobre as actividades dese día. Estade atentos!!!
    Saúdos desde Ourense.

    ResponderEliminar
  5. paseino xenial nesta excursion
    :D

    ResponderEliminar