O pasado 20 de xuño @s nos@s alumn@s de 1º da ESO déronlle a benvida a Mondariz ao alumnado do IES Ferro Couselo de Ourense. No salón de actos proxectaron unha presentación en Power Point na que explicaban as riquezas monumentais e artísticas da zona e un vídeo tamén gravado por eles no que presentaban as instalacións do CPI de Mondariz.
A continuación @s nos@s alumn@s fixeron de improvisad@s guías turístic@s polas marxes do río Tea ata chegar a Balneario, onde nos recibiron @s responsables do balneario de Mondariz para ensinarnos as instalacións do Palacio da agua. No camiño de volta ata Mondariz, rematamos a actividade cunha xornada de convivencia, deporte e baño na praia fluvial do Val.
A experiencia foi todo un éxito e a valoración foi moi positiva por parte dos dous centros implicados, co cal pensamos en darlle continuidade en vindeiros cursos.
Déixovos unha galería fotográfica.
Sem comentários:
Enviar um comentário