Celso Emilio foi un dos poetas máis sobranceiros da nosa literatura, tanto pola calidade da súa obra como pola ampla difusión que tivo, e esta efeméride é unha escusa tan boa coma calquera outra para achegármonos á súa vida e obra.
1. Biografías: na rede podemos achar as seguintes biografías deste autor: páxina de Edicións Xerais; Wikipedia en galego; Biblioteca Virtual Galega; Praza das Letras; na Fundación Celso Emilio Ferreiro disponibilizan unha liña do tempo biográfica e unha biografía por etapas vitais.
2. Obra: a produción literaria de Celso Emilio está publicada por Edicións Xerais, en edicións con estudos introdutorios; tamén esta disponíbel a obra completa de Akal, editada por X. Alonso Montero; na Biblioteca Virtual Galega podemos acceder a algúns dos seus poemas máis salientábeis.
3. Audiovisual:
-Neste video recóllese o audio de varias entrevistas realizadas a Celso Emilio sobre a súa vida e obra, e editadas no seu momento polo Arquivo Sonoro de Galicia:
- Debido ao seu valor cívico e alto grao de comunicabilidade, a poesía de Celso Emilio foi das máis musicadas, desde os tempos de Voces Ceibes até hoxe; entre outras:
A versión folque de Suso Vaamonde:
O hip-hop de Deus Ke Te Krew:
A balada metálica de Astarot:
O metal a secas de Arredemo:
A versión crooner de Pucho Boedo cos Tamara:
O estilo acústico guitarra-voz-coro de Fuxan Os Ventos:
E varios na liña cantautor:
Neste enlace podedes escoitar "Moraima"
http://www.goear.com/listen/1227f42/moraima-celso-emilio-ferreiro
Moitísimas grazas polo voso traballo en xeral, e especialmente por estas cantigas de poemas de Celso Emilio, un dos nosos preferidos. Que sigades atopando máis e poñéndoas aí para que moitos poidamos seguir gozando delas.
ResponderEliminar