domingo, 4 de março de 2012

Lecturas Castelao 3ª avaliación


Para o alumnado de 3º de ESO, a lectura da terceira avaliación van ser varios dos textos narrativos breves de Castelao: Retrincos, Un ollo de vidro e unha escolma de Cousas.
Estas obras existen en varias edicións:
- A editorial Galaxia ten un volume onde aparecen conxuntamente os dous primeiros títulos, e para as Cousas podedes botar man da edición que temos na biblioteca -hai exemplares abondos-.
- Para quen queira ter os tres títulos, e ademais a restante obra narrativa do autor, existen dúas "Obras completas volume 1" entre as que podedes escoller: a de Galaxia -máis bonita e máis cara-, e a de Akal -menos da metade do prezo da anterior e cos mesmos textos.
Agora só tendes que copiar os datos da ligazón correspondente e ir encomendar canto antes o libro á libraría que máis vos chiste.
E para irdes entrando en materia, máis abaixo tendes outra entrada (Castelao on line/en liña), onde podedes ver un video biográfico, moitos dos seus debuxos e pinturas, cancións adicadas a el e aínda escoitar a súa voz desde do Alén!

Sem comentários:

Enviar um comentário