segunda-feira, 28 de janeiro de 2013

Diario violeta de Carlota

O alumnado de 3º ESO estivo durante o 1º trimestre deste curso traballando coa obra de Genma Lienas Diario violeta de Carlota.

Fomos alternando a lectura do libro co comentario das mostras de machismo que iamos atopando tanto na propia obra coma no día a día do alumnado e da sociedade en xeral e despois de varios meses de traballo, puideron concluír que é unha lacra moi presente na sociedade do século XXI.
Dividimos o traballo en varias fases:
1ª) Lectura programada por semanas ou quincenalmente. Despois de realizar unha lectura individualizada na casa, comentáronse na aula os exemplos que ata o punto marcado para ese día atopaban no texto, alén de buscar outros exemplos alleos aos mencionados na obra. Tamén procuraron información sobre exemplos de discriminación da muller noutras culturas, colgamos algúns traballos:






2ª) Elaboración dun "taboleiro violeta contra o machismo". Este realizouse polo alumnado de Alternativa e logo foi pendurado nas aulas de 3º para que foran pegando fotos, recortes de xornal, citas textuais do libro ou comentarios a algúns exemplos de discriminación por machismo.



3ª) Ficha de lectura. Unha vez rematada a lectura da obra, pasóuselles unha ficha de lectura na que se recapitulaba o comentado na aula.


 

Sem comentários:

Enviar um comentário