Ourense, un home especial
que traballa para un traficante de droga e ten que meterse pastillas
todos os días. As feridas rexenéranse, sobrevive a todos os ataques. Ata
que todo vai empezar a cambiar cando chega xunto a el un vello que
morre no momento e lle deixa unha mensaxe. Aquí comeza unha especial aventura para descifrar quen é, por que é inmortal, quen era o vello...
Animádevos a resolver o misterio!!!
Ao
principio da historia, un dos personaxes que é asasinado ten tatuado un
tríscele no seu corpo. Esta tatuaxe terá un valor simbólico ao longo da
obra.
Un tríscele é
un símbolo celta formado por tres espirais entrelazadas, por tres
pernas humanas flexionadas ou por calquera deseño similar que conteña a
idea da simetría rotacional. Representa as tríades da vida en eterno
movemento e equilibrio (ben sexa o Nacemento, a Vida e a Morte; o Corpo,
a Mente e o Espírito ou o Ceo, Mar e Terra). É o símbolo identificativo
de catro nacións europeas: a Bretaña, a Illa de Man, Galicia e Sicilia.
Entre os trísceles destas catro nacións atopamos certas diferenzas; o
de Man e o de Sicilia están formados por tres pernas dobradas e
entrelazadas na rexión da ingua mentres que o tríscele galego está
formado por tres medias lúas xirando sobre o mesmo punto.
Sem comentários:
Enviar um comentário