"Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis".
Así reza o epitafio dun dos grandes das nosas letras: Álvaro Cunqueiro.
Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a
duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu
quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria
que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se
de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu
estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "Eiquí
xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis".
Para saber sobre o autor:
http://www.slideshare.net/biblioteca_ies_poio/cunqueiro
Sem comentários:
Enviar um comentário