Outro dos autores que estudamos dentro do período das vangardas é Rafael Dieste, importante prosista da nosa literatura. Dentro das súas obras destacamos o libro de relatos Dos arquivos do trasno.
Este libro de relatos breves é unha das xoias máis valiosas
da literatura galega. Foi publicado por primeira vez en 1926 só con oito relatos, pero xa na segunda edición, de 1962, aumentouse o número de
relatos a vinte.
Os relatos presentan unha temática variada, con predominio da
intriga e o medo. Ten chamadas ao lector, as cales fan que nos introduzamos
na historia e comprendamos a agonía dos personaxes.
A continuación enlázovos a blbioteca virtual para que poidades acceder a algúns dos relatos do libro, clicade enriba.