sábado, 29 de setembro de 2018

Castelao on-line/en liña





anaya digital Se nós galegos tivésemos algo semellante ao que estadounidenses chaman Pais Fundadores (Founding Fathers), habería poucas discusións sobre o lugar preeminente que a a xigantesca figura de Daniel Afonso Rodríguez Castelao ocuparía entre eles. Se Rosalía creou unha Matria, e grazas en boa medida a Castelao que hoxe en día temos Patria...
Para traballardes a súa figura modelar en tantos aspectos (éticos, estéticos -como artista plástico e literato-, humanos...), podedes botar man dos seguintes recursos:


1) Biografía: os textos biográficos sobre Castelao son abondosos; por fiábeis e completos podemos destacar os seguintes: Biblioteca Virtual Galega; Wikipedia; Praza das Letras; Editorial Galaxia. Se non vos apetece ler, vede esta reportaxe en tres partes, producida pola TVG e disponíbel en VIMEO.

2) Obra literaria: as edicións canónicas da produción narrativa e ensaística de Castelao están publicadas pola editorial Galaxia, sexa na obra completa en seis volumes sexa en tomos individuais; no caso dos segundos, carecen de calquera introdución explicativa.
Se pinchades no enlace Cousas podedes ter acceso a algúns dos seus textos.

 Ademais, pódese ter en conta a monumental edición do Sempre em Galiza publicada por Através editora, que destaca por estar adaptada á ortografía internacional do galego e contar cunha introdución onde a importancia desta obra é explicada por figuras tan relevantes como X. M. Beiras, Francisco Rodríguez, Camilo Nogueira ou Luis Gonçales "Foz".

3) Obra plástica: parte da obra gráfica de Castelao está igualmente editada por Galaxia -o álbum NÓS, os Debuxos de negros, As cruces de pedra na Bretaña e na Galiza e as Cousas da vida- . Os seus Álbumes de Guerra -Atila en Galicia, Milicianos e Galicia mártir- publícaos a Editorial Akal. Ademais, existen varias páxinas onde se poden visualizar deseños, ilustracións e cadros de Castelao: a colección Novacaixagalicia dános acceso aos debuxos orixinais e pinturas dos seus fondos; en allpaintings.com teñen 18 páxinas inzadas de obras de todo tipo (até caricaturas feitas sobre menús!); o Museu de Pontevedra, do que Castelao foi fundador, atesoura un bo número de orixinais, que se poden ver ordenados por temas ou coleccións.

4) Miscelánea: a vida, obra e pensamento de Castelao trascende alén do seu tempo. Nesta sección agrúpanse materiais diversos para axudar á reflexión:

- En 1984 tráese o corpo de Castelao desde o cemiterio bonaerense da Chacarita, para ser soterrado no Panteón de Bonaval. Neste video de RTVE-G, e por baixo do relambido relato da locutora, pódense escoitar os berros e ver a carga policial contra os que consideraban que este retorno era unha traizón ao desexos do propio Castelao de só voltar "cando Galiza fose libre":
anaya digitalanaya digital

- Por ser unha figura moderna, conservaanaya digitalmos algunhas gravacións da súa voz -en español-. Eilas:
anaya digital

- Finalmente, cancións ou versions musicadas de textos inspirados por ou adicados a Castelao:




Sem comentários:

Enviar um comentário