terça-feira, 24 de outubro de 2017

TONECHO DE REBORDECHAO

Para todo o alumnado de 1º ESO, despois de ler Tonecho de Rebordechao de Breogán Riveiro; observade ben estas fotos de Rebordechao, a pequena aldea na que vivía Tonecho, logo tratade de situalas no libro.

A actividade que vos propoñemos dende o Departamento de Galego é que comentedes cada unha das fotos que aparecen colgadas da aldea. Podedes facelo de dous xeitos:

1) Collede o libro e buscade o fragmento que se corresponde coa foto e copíadeo debaixo, no apartado que pon comentario.

2) Escribide o que vos suxire cada foto con respecto ao que se conta no libro.

FOTO 1
FOTO 2

FOTO 3


FOTO 4

FOTO 5

FOTO 6
FOTO 7
FOTO 8

FOTO 9
 FOTO 10
FOTO 11
FOTO 12
FOTO 13

segunda-feira, 23 de outubro de 2017

É O GALEGO UNHA LINGUA MINORITARIA?

Mirade este vídeo que Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez Blanco realizaron sobre a situación do galego no mundo e logo opinade vós mesm@s.


VÓS QUE CREDES?  ONDE O SITUARIADES?

quarta-feira, 8 de fevereiro de 2017

A esmorga de Blanco Amor, lectura obrigatoria en 4º ESO

Esmorga: 
Unha das acepcións máis coñecidas deste vocábulo é: Diversión buliciosa e esaxerada. Pasou toda a noite de esmorga.                            SIN. algueirada,festa, foliada, rexouba, ruada, troula, trouleo, xolda.


Pois ben, partindo do significado máis primario desta palabra, o grande escritor ourensán, Eduardo Blanco Amor, artella a súa Esmorga particular, na que dá vida a tres personaxes marxinais: O Cibrán ou Castizo, O Bocas e o Milhomes, que deambulan por Auria (trasunto de Ourense) e os seus arredores, bebendo e soñando sen poder escapar da traxedia que a propia miseria lles ten destinada.

Esta xoia da literatura galega, que foi publicada en 1959 durante o exilio do autor en Bos Aires, estrutúrase en tres partes. A primera parte é o capítulo de "Documentación" no cal se nos presenta un hombre, que a semellanza co Quixote, conseguiu os documentos que conteñen a historia, coa característica de que esta persoa debe servirse de testemuñas dubidosas e documentos incompletos para recompor o que sucedeu naquela historia. A segunda parte vén composta polas confesións ante o xuíz dun dos personaxes (Cibrán) relatando todo o que sucedeu e o que sabe. E a terceira parte é a propia historia, os acontecementos que sucederon neses tres días que dura a historia e que levaron a Cibrán a declarar ante o xuíz. A primeira parte da estrutura (Documentación) abre e pecha a novela informándonos sutilmente do que sucedeu con Cibrán.

O concello de Ourense, que hai uns anos colocou uns azulexos en distintos puntos da cidade para marcar os espazos que se recrean na novela; ofrece através da súa oficina de turismo, trípticos e guías que van parando diante dos devanditos azulexos e van explicando fragmentos da obra, trátase dun roteiro literario pola vella Auria.


Se pinchades abaixo tedes a explicación do roteiro.

quinta-feira, 21 de abril de 2016

Ledicia Costas visita o CPI de Mondariz

A escritora galega Ledicia Costas veu visitar o alumnado de 4º, 3º e 1º ESO do noso centro. Falounos das moitas anécdotas e curiosidades que rodean as súas obras Unha estrela no vento, Corazón de Xúpiter e Escarlatina, a cociñeira defunta. 

 
A rapazada aproveitou para facer preguntas e saciar a súa sede curiosa sobre estas lecturas.
                   Disfrutamos moito.

Encantad@s de terte entre nós, Ledicia, ata a próxima! 

segunda-feira, 18 de abril de 2016

Visita de Ledicia Costas

O vindeiro martes 19 de abril estará con todos nós a autora de Escarlatina, a cociñeira defunta; Unha estrela no vento; Corazón de Xúpiter... entre outros títulos.



terça-feira, 2 de fevereiro de 2016

CONCURSOS LITERARIOS

Para todo o alumnado ao que lles guste escribir relatos e lle apeteza participar en concursos literarios, desde o Departamento animámosvos a que o fagades!!!!


Agora mesmo está aberto o prazo para dous concursos, un que organiza a asociación cultural O Facho, co nome  Concurso Literario Carlos Casares; e outro que organiza a FANPA (Federación de ANPA dos centros públicos da provincia de Pontevedra) co nome Certame de relato curto Non te durmas. 


Se pinchades na imaxe dos concursos xa tedes os enlaces ás páxinas e alí podedes ver consultar as bases.

sexta-feira, 11 de dezembro de 2015

quinta-feira, 10 de dezembro de 2015

Lecturas para 3º ESO

Listaxe de libros de lectura optativos para 3º ESO:


 Corazón de Xúpiter, Ledicia Costas, Ed. Xerais
Corredores de sombra, Agustín Fernández Paz, Ed. Xerais
O centro do labirinto,  Agustín Fernández Pa, Ed. Xerais
Irmán do vento, Manuel Lourenzo, Ed. Xerais
Flor de area,  Manuel Lourenzo, Ed. Xerais
Os dous de sempre, Castelao, Ed.Galaxia
Marxinados, Pepe Carballude, Ed.Galaxia
Tristes armas, Marina Mayoral, Ed. Xerais
Chamábase Luis,  Marina Mayora, Ed. Xerais
Os biosbardos, Eduardo Blanco Amor, Ed. Galaxia
Unha lectora fóra do común, Alan Bennett, Ed. Rinoceronte
O curioso incidente do can á media noite, Mark Haddon, Ed. Rinoceronte
A modelo descalza, Jordi Sierra i Fabra, Ed. Galaxia

Se vos apetece ler un que non estea na lista falade comigo e estudaremos se é axeitado.


terça-feira, 1 de dezembro de 2015

Lecturas 1º ESO



       
LIBROS DE LECTURA OPTATIVOS PARA 1º ESO



A lúa do Senegal, Agustín Fernández Paz, Xerais
Asasinato dun seareiro, Enrique Sánchez,  Edebé Rodeira
Bala perdida, Manuel Rivas, Alfaguara
O carteiro de Bagdad, Marcos Calveiro, Tambre
O pazo baleiro, X.M Pérez Docampo, Xerais
Os ollos do tangaleirón, X.Neira Cruz, O barco de vapor

Vaiche boa!, Paul Jennings, Galaxia

Que desfeita!, Paul Jennings, Galaxia
Usha, María Reimóndez, Xerais

Memorias de un neno labrego, X. Neira Vilas, Galaxia



domingo, 29 de novembro de 2015

Mans á obra!!!


  I Concurso de receitas deste mundo e do Inframundo!

Co gallo de colaborar co proxecto de centro, que este ano ten como eixo fundamental a temática das comidas; o Departamento de Galego convoca un concurso de sobemesas dirixido ao alumnado de  1º ESO. Aproveitando que as rapazas e rapaces de 1º ESO leron Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, un libro no que cada capítulo vai introducido por unha receita; chegou a hora de pasar á acción e "enzoufarse" nas cociñas metendo as mans na masa. 


Animádevos a participar!!!!!!

sábado, 13 de junho de 2015

Exame final

Alumnado de 2º ESO A que debe presentarse ao exame final de galego:

Uxía Álvarez
Carmen
Javier
Aday
Yoel Torres
Lucía

Alumnado de 2º ESO B que debe presentarse ao exame final de galego:
Miguel Aguado
Daniel
Mireya
Nicolás
Esteban
Alba
Domingo
Sara


sexta-feira, 17 de abril de 2015

Celso Emilio

Celso Emilio foi un dos poetas máis sobranceiros da nosa literatura, tanto pola calidade da súa obra como pola ampla difusión que tivo, e esta efeméride é unha escusa tan boa coma calquera outra para achegármonos á súa vida e obra.
1. Biografías: na rede podemos achar as seguintes biografías deste autor: páxina de Edicións Xerais; Wikipedia en galego; Biblioteca Virtual Galega; Praza das Letras; na Fundación Celso Emilio Ferreiro disponibilizan unha liña do tempo biográfica e unha biografía por etapas vitais.
2. Obra: a produción literaria de Celso Emilio está publicada por Edicións Xerais, en edicións con estudos introdutorios; tamén esta disponíbel a obra completa de Akal, editada por X. Alonso Montero; na Biblioteca Virtual Galega podemos acceder a algúns dos seus poemas máis salientábeis.
3. Audiovisual:
-Neste video recóllese o audio de varias entrevistas realizadas a Celso Emilio sobre a súa vida e obra, e editadas no seu momento polo Arquivo Sonoro de Galicia:
- Debido ao seu valor cívico e alto grao de comunicabilidade, a poesía de Celso Emilio foi das máis musicadas, desde os tempos de Voces Ceibes até hoxe; entre outras:
A versión folque de Suso Vaamonde:
O hip-hop de Deus Ke Te Krew:
A balada metálica de Astarot:
O metal a secas de Arredemo:
A versión crooner de Pucho Boedo cos Tamara:
O estilo acústico guitarra-voz-coro de Fuxan Os Ventos:
E varios na liña cantautor:




quarta-feira, 23 de julho de 2014

En galego... Festa Rachada!


Inda que estamos de vacacións, para que vexades que en galego tamén se pode ter festa rachada!

segunda-feira, 26 de maio de 2014

A publicidade





Velaquí unhas mostras de mensaxes publicitarias en galego, podedes facer un comentario crítico delas.




terça-feira, 6 de maio de 2014

Visita de Breogán Riveiro

No día de onte contamos no noso centro coa visita do escritor Breogán Riveiro, autor do xa coñecido por case todas e todos vós, Tonecho de Rebordechao.

O alumnado de 1º ESO tivo a oportunidade de preguntarlle curiosidades sobre a obra así como outras da biografía do escritor, que en todo momento se mostrou moi próximo e aproveitou para asinar e dedicar exemplares do libro.

quarta-feira, 30 de abril de 2014

Viaxe a Barcelona



Aquí vos colgo algunhas das bandas deseñadas que crearon as alumnas e alumnos de 4º ESO sobre a viaxe de fin de curso a Barcelona.








http://www.slideshare.net/Carmemond/viaxe-a-barcelona


terça-feira, 25 de março de 2014

Ás voltas cos números

Especialmente para o alumnado de 1º ESO, para repasarmos os numerais (e outros determinantes) déixovos uns enlaces para que pinchedes neles e fagades exercicios.

 

domingo, 16 de março de 2014

O realismo máxico cunqueiriano

"Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis".
  
Así reza o epitafio dun dos grandes das nosas letras: Álvaro Cunqueiro.
 Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis".

Para saber sobre o autor:
 
 http://www.slideshare.net/biblioteca_ies_poio/cunqueiro


 Se pinchades na imaxe do grande fabulador mindoniense, podedes acceder a unha páxina na que podedes practicar de forma lúdica e comprobar canto sabedes deste autor: