segunda-feira, 4 de abril de 2011

O CASTELO DE SOBROSO E O CASTRO DE TROÑA



 TELEXORNAL COMARCAL DE MONDARIZ

Co gallo do Intercambio Lingüístico-cultural que @s alumn@s de 1º ESO do noso centro van realizar c@s do IES Ferro Couselo de Ourense; dende Mondariz estamos organizando unha serie de traballos para darlles a coñecer o noso centro e a nosa comarca ao alumnado ourensán.

A primeira actividade consistiu en redactar unha serie de cartas de presentación para @s alumnos de Ourense.

A segunda actividade foi grabar un vídeo de presentación, cal Telexornal comarcal para "promocionar" a nosa zona e o noso colexio.

A continuación colgamos unha mostra dos vídeos recollidos, esperamos que vos guste e vos animedes todos para seguir participando. 




P.D. Seguiremos colgando máis novidades!!!!

2 comentários:

  1. A ver se agora conseguides velo, houbo problemas co link pero creo que están solucionados.

    ResponderEliminar
  2. Un saúdo desde o IES Ferro Couselo (Ourense). Xa nos imos ver pronto e agardamos que a visita a estas terras sexa do voso agrado. Noraboa polos vídeos e traballos!!!

    ResponderEliminar