sábado, 9 de abril de 2011

TRABALLAMOS COS ADVERBIOS

Exercicio 3º E.S.O.:
Inventade unha historia de 25 palabras na que predominen os adverbios. Engadídea no apartado de comentarios.

4 comentários:

  1. Onte Mariña veu xogar á miña casa, pasámolo moi ben. Non me lembro a que hora chegou, pero seica eran as catro da tarde, e marchou cerca das nove. Cando petou na porta funlle abrir de contado, ao entrar na casa fomos moi silenciosamente polo salón, xa que miña nai estaba durmindo. Paseniño pasamos preto dela para non interrumpila; pero de repente espertou e díxonos: "Parade de facer ruído! Xa é dabondo!". E nin sequera se fixou que me mancara no xeonllo polo susto que nos dera... O mellor é que eu pasei unha tarde xenial, que non podería ser mellor en ningures...

    ResponderEliminar
  2. Cando volveu á casa, non se encontraba moi ben, de súpeto comezoulle todo a dar voltas. Seica tamén caeu xusto na entrada, pero cerca estaba Rosa, a súa veciña, e por suposto Lola, súa filla. Esto ocurreu moi cedo, sobre as dez da mañá, pero pola tarde seguía estando mal, polo que a tiveron que levar ó hospital. Alí, dentro da súa habitación ocorreu o peor, os aparellos que a suxeiaban soaban dunha maneira que eu xamais escoitara, tódo-los médicos comezaron a correr pola habitación... Si, finalmente,morreu.

    ResponderEliminar
  3. Pasadomañá ti e mais eu sobrevolaremos o ceo, por enriba da cidade de París. Volaramos moi paseniño pero tan alto q ninsequera as aguias lograrán notar a nosa presencia, e tampouco molestaremos a ninguen, o ceo será pra nos. Cando apenas levemos 5 minutos voando os anxos caeran do ceo mortos de envidia.
    UN ANXO: seica podedes voar sen ter q cargar coas as?
    Eu: e o que ten namorarse con 15 anos... fas tonterías sen darte de conta...
    Pero a pregunta q nos fixo aquel anxo fixo q nos preguntasemos algo moi obvio.. voar podemos pero aterrar??? pasarón horas e cando xa estamos mortos de fame desmallamanos e caimos...

    ResponderEliminar
  4. A noite pasada dous irmáns decidiron dar unha volta polos arredores de Mondariz. Aínda que xa era moi tarde os rapaces saíron da casa para dar unha volta polos montes. Nunca pensaron que aquel día ía ser decisivo nas súas vidas.
    Os rapaces nunca poideron imaxinarse que enriba das súas cabezas, sobre unha árbore, poidese haber un lobishome, que xusto uns minutos despois iría detrás deles sen deixarlles escapatoria.
    Quizais se lle fixesen máis caso a súa avoa cando lle dixo que non foran tan terde polo monte, nada do que alí pasou tendría pasado.

    ResponderEliminar