Mirade que idea tan orixinal concibiron no IES Pintor Colmeiro de Silleda (ese que xa en tempos "Galegaran" e que xa vos amosara o seu lipdub). Pois ben, desta volta, e para promocionar a música galega, organizaron o Videoghit; un concurso que consistiu fundamentalmente en que o alumnado realizara vídeos cunha base musical e
imaxes propias e logo ao remate entregábanse uns premios ao estilo das grandes
galas de cine. Nesta edición a cinta gañadora
foi de Pedro Gil co tema musical A Granxa de Alexandre dos Ataque Escampe.
Cólgovos o vídeo para que o vexades e... quen sabe... igual sacades ideas, por que non?
Nós tamén podemos, ou non nos atrevemos?
Boísimo!! Canto artista hai por descubrir!! Teñamos fe nesta mocidade que vén :)
ResponderEliminar