Cólgovos unha serie de enlaces nos que podedes entrar para descarregar exercicos e practicar ortografía (acentuación, b/v, h, etc...), morfoloxía (formación de plurais, femininos, conxugación verbal, etc...), sintaxe (análise de frases, oracións...) e literatura (comentarios literarios).
terça-feira, 20 de novembro de 2012
quinta-feira, 11 de outubro de 2012
LENDAS DE MONDARIZ
Xa comezou o novo curso e con el as forzas e as ganas veñen renovadas así que, imos propoñervos dende o Departamento de galego un traballiño para que empecedes a esticar os miolos.
Como sabedes, as nosas lendas constitúen un ben inmaterial de grande valor, polo que, coñecelas, protexelas e difundilas é unha tarefa que debemos compartir entre tod@s. De aí que a nosa recomendación desta volta sexa animarvos a que fagades un traballo de campo e recollades todo aquel corpus lendario que faga referencia á vosa zona; ben sexan lendas referidas a lugares, mouros, capelas, aparecidos, santos, augas, etc...; todas teñen cabida e faremos o que estea na nosa man para poñelas en valor e dalas a coñecer ao resto do alumnado así como ás familias.
Aquí vos deixo o enlace dun centro que anda a facer algo parecido polas terras do norte; son alumnas e alumnos do CPI de Cabanas e as lendas que recollen, logo "cólganas" no seu blogue para dalas a coñecer ao resto. Clicade nel e descubride a lenda de Santa Margarida.
http://revoltalingua.blogspot.com.es/2012/10/a-lenda-de-santa-margarida.html?spref=fb
ANIMÁDEVOS VÓS TAMÉN!!!!!
quarta-feira, 4 de julho de 2012
Letras Galegas 2012
Máis vale tarde ca nunca así que... inda que cun pouco de retraso por motivos técnicos e outros, déixovos o vídeo do festival das Letras Galegas. Bo verán a tod@s!
quarta-feira, 13 de junho de 2012
Aviso para alumnado 4º ESO
En vista dos resultados dos exames, o próximo venres haberá unha recuperación da 3ª avaliación. @s que sabedes que non vos saíu ben este exame, ide preparando o do venres porque non temos máis días para facelo.
Carme.
Carme.
terça-feira, 5 de junho de 2012
A música tradicional galega
Agora que se achega o verán e a época de seráns prolifera, cólgovos o traballo que realizaron tres alumnas de 4º ESO o ano pasado sobre a música tradicional galega.
segunda-feira, 21 de maio de 2012
Ataque Escampe!!!
Mirade que idea tan orixinal concibiron no IES Pintor Colmeiro de Silleda (ese que xa en tempos "Galegaran" e que xa vos amosara o seu lipdub). Pois ben, desta volta, e para promocionar a música galega, organizaron o Videoghit; un concurso que consistiu fundamentalmente en que o alumnado realizara vídeos cunha base musical e
imaxes propias e logo ao remate entregábanse uns premios ao estilo das grandes
galas de cine. Nesta edición a cinta gañadora
foi de Pedro Gil co tema musical A Granxa de Alexandre dos Ataque Escampe.
Cólgovos o vídeo para que o vexades e... quen sabe... igual sacades ideas, por que non?
Nós tamén podemos, ou non nos atrevemos?
Pondal e o celtismo
Todos
os pobos teñen os seus mitos e heroes fundadores, todos eles máis ou
menos históricos, máis ou menos ancestrais, máis ou menos fantásticos:
El Cid na España, Vercinxétorix na Francia, Cuchulainn na Irlanda,
Viriato en Portugal, Gilgamesh na Sumeria..., e Breogán na Galiza. O que
nos interesa non é a veracidade histórica destas e
outras figuras, mais o papel que xogaron -e nalgúns casos xogan- como
referentes identitarios con repercusión na cultura popular, o folklore, a
música ou a literatura.
No
caso galego, e xa desde o comezo do proceso de recuperación da lingua e
cultura galegas que se enceta a mediados do século XIX co Rexurdimento,
o elemento céltico estivo presente e se mantivo, con diferentes
revisións, reformulacións e adaptacións, activo desde aquela.
Inicialmente apareceu perante a necesidade de asentar o movemento
reivindicativo nuns alicerces firmes: cunha maioría social analfabeta,
falante dunha lingua ágrafa e desprestixiada, e unhas clases medias e
altas completamente asimiladas ou en acelerado proceso de selo, o único
recurso era botar man dunha perdida Idade de Ouro, un pasado heroico e
glorioso do que só ficaban pegadas en forma de restos arqueolóxicos,
folklóricos e, especialmente, lingüisticos.

Así
as cousas, cumpría procurar os nosos tetravós. E inicialmente a
escolla non foi fácil: os dous principais historiadores galeguistas da
época non estaban de acordo. Para Benito Vicetto foron os gregos os pais
fundadores do pobo galego -remontando así as nosas orixes a Homero e
guerra de Troia-, mentres Manuel Murguía
defendía a nosa xinea céltica. Logo de diversos avatares entre os
cales a temperá morte de Vicetto e a grande teimosía e o carisma de
Murguía, o certo é que a opción que finalmente vingou foi a celta, coas
seguintes consecuencias:
-
O movemento Rexionalista en marcha dispón xa de lexitimación: o seu
obxectivo non é construir algo novo, senón recuperar o que xa se tivo e
se perdeu.
- A existencia dun pobo galego aséntase en dúas características diferenciais: a lingüistica e a racial.
O estudioso Justo Beramendi resume así o pensamento de Murguía:
"A verdadeira historia de Galicia principia co asentamento dos celtas, "padres y generadores de una población que lleva todavía impresa en el rostro las señales inequívocas de la raza a que pertenece". Estes celtas galaicos eran asemade unha raza e unha nacionalidade ben definida, dotada dun Volkgeist propio que, para Murguía, se caracterizaba pola valentía, o odio a toda dominación allea, a relixiosidade e o amor á terra (...) Murguía recoñece que non sabe moito da sociedade nin da economía dos celtas, pero albisca que "tal vez a la manera de las tribus germánicas, una igualdad primitiva reinaba en el reparto de la tierra, como parece indicarlo la especial cnstitución agrícola de Galicia". E dende logo está seguro que entre eles houbo druidismo.
O estudioso Justo Beramendi resume así o pensamento de Murguía:
"A verdadeira historia de Galicia principia co asentamento dos celtas, "padres y generadores de una población que lleva todavía impresa en el rostro las señales inequívocas de la raza a que pertenece". Estes celtas galaicos eran asemade unha raza e unha nacionalidade ben definida, dotada dun Volkgeist propio que, para Murguía, se caracterizaba pola valentía, o odio a toda dominación allea, a relixiosidade e o amor á terra (...) Murguía recoñece que non sabe moito da sociedade nin da economía dos celtas, pero albisca que "tal vez a la manera de las tribus germánicas, una igualdad primitiva reinaba en el reparto de la tierra, como parece indicarlo la especial cnstitución agrícola de Galicia". E dende logo está seguro que entre eles houbo druidismo.
(...)
considera que o principal factor é a orixe racial celto-aria que fai do
galego un "pueblo numeroso y superior -por ser por entero céltico, por
ser el más germanizado y por no haberse contaminado con la sangre
semita, que tanto domina en las comarcas levantinas y andaluzas". En
efecto, os celtas "a través de los siglos y de las catástrofes
históricas conservaron su fisonomía y sus rasgos más característicos".
Pero
celtas, suevos e demais supostos arios tamén habitaran outros lugares
de Europa e España, e non por iso todos os seus descendentes forman
agora unha soa nación, nin a Murguía se lle pasaba tal cousa polo maxín.
Si pensaba que os netos dos celtas deran lugar a unha familia de
nacións irmás (Irlanda, Gales, Bretaña, Galicia...) entre as que había
estreitos lazos raciais e étnicos que conviría potenciar noutros eidos,
pero non por iso deixaban de ser, na súa opinión, nacións diferentes."
Par

O celtismo
foi unha auténtica febre ou moda na Europa do século XIX, mais na
Galiza tivo repercusións moito maiores: ligouse ás accións culturais,
políticas e reivindicativas do Rexurdimento, e tivo o seu epicentro na Cova Céltica,
a tertulia que acontecía na libraría coruñesa de Carré Aldao. Nesta
xuntanza de intelectuais, eruditos, historiadores e escritores foi onde
Pondal recibiu a alcuña de Bardo,
denominación e responsabilidade que el aceptou coa maior seriedade. Na
tradición dos pobos celtas o bardo era o encarregado de transmitir a
memoria do pobo: nunha cultura ágrafa, eles eran os que mantiñan viva a
Historia nos seus poemas e cantos. Ademais, Pondal arrogaríase un don
que era propio dos druídas: o da profecía.
Son os bardos sapientes,
Que lei fatal lanzou,
Soñadores e vagos,
De sua condicion:
Por eso eu á min mesmo,
Non me conozo, non;
E escraman os camiños
Mesmos por onde vou:
Mais Pondal non parte da nada: para crear a súa
obra literaria emprega materiais tirados das estilizadas novelas
históricas do escocés sir Walter Scott; dunha das máis famosas falsificacións literarias da historia, os poemas de Ossian escritos por James MacPherson e aínda dunha das escasas obras escritas onde os pobos celtas de Irlanda deixaron razón de si: o Leabhar Gabhala
ou Libro das Migracións. Será precisamente nesta última obra onde o
Bardo atope as referencias a Breogán e o seu fillo Ith, aos que
outorgará a nacionalidade galega.
Son os bardos sapientes,
Que lei fatal lanzou,
Soñadores e vagos,
De sua condicion:
Por eso eu á min mesmo,
Non me conozo, non;
E escraman os camiños
Mesmos por onde vou:
Parece un pino leixado do vento, Parece botado do mar de Niñons. |



E
da combinación de todos eses elementos, ao que se sumaría o seu xenio
persoal e un coidado e atención ao idioma superior ao dos seus
contemporáneos, sairán ensoñadoras e alucinadas descricións de lugares e
heroes como as seguintes:
—Salvage val de Brantóa,
En terra de Bergantiños;
Ou val, amado dos celtas,
E dos fungadores pinos:
Cando Gundar prob' e 'scuro,
Sea d' este mundo ido;
No teu seo silencioso,
Concédelle, val amigo,
Sepulcro a modo dos celtas,
Tan só de ti conocido.
—Salvage val de Brantóa,
En terra de Bergantiños;
Ou val, amado dos celtas,
E dos fungadores pinos:
Cando Gundar prob' e 'scuro,
Sea d' este mundo ido;
No teu seo silencioso,
Concédelle, val amigo,
Sepulcro a modo dos celtas,
Tan só de ti conocido.
(...)
—Nobre Gundar, fillo d' Ouco,
Fillo de Celt, de Rou fillo;
Ou bardo dos negros ollos,
De nobre andar e garrido
Escudo, de voz gemente,
D' un acento nunca oído;
O rumor asomellante,
Do vento nos altos pinos:
Teus vagos e doces cantos,
Certo non desconocidos
Me son, e non veces poucas,
Os teño quezáis oído;
Ben no m' acordo s' agora,
Ou quezáis en tempo antigo;
Mais cos oídos da alma,
Que cos corpóreos oidos.
(...)
Amado dos nobres celtas,
Vello pinal de Froxán;
Os teus arbres, já encurvados,
O vento fai rebramar;
E ó musgo que os cubría,
Roto, ó lonxe caer vai.
En fria tarde de inverno,
He doce ó celta escoitar,
Apoyado na sua lanza,
Como funga ó huracan,
Nas tuas ramas antigas,
Q' á ráfaga encurvar fai.
Os teus pinos desde longe,
Na pendente do Brumar,
Son parecidos ós celtas,
Qu' en orden de guerra están.(...)
—Nobre Gundar, fillo d' Ouco,
Fillo de Celt, de Rou fillo;
Ou bardo dos negros ollos,
De nobre andar e garrido
Escudo, de voz gemente,
D' un acento nunca oído;
O rumor asomellante,
Do vento nos altos pinos:
Teus vagos e doces cantos,
Certo non desconocidos
Me son, e non veces poucas,
Os teño quezáis oído;
Ben no m' acordo s' agora,
Ou quezáis en tempo antigo;
Mais cos oídos da alma,
Que cos corpóreos oidos.
(...)
Amado dos nobres celtas,
Vello pinal de Froxán;
Os teus arbres, já encurvados,
O vento fai rebramar;
E ó musgo que os cubría,
Roto, ó lonxe caer vai.
En fria tarde de inverno,
He doce ó celta escoitar,
Apoyado na sua lanza,
Como funga ó huracan,
Nas tuas ramas antigas,
Q' á ráfaga encurvar fai.
Os teus pinos desde longe,
Na pendente do Brumar,
Son parecidos ós celtas,
Qu' en orden de guerra están.(...)
Ou valente fillo d' Ogas,
E da doce e nobre Eiriz;
Para sempre quedará,
Longa memoria de tí:
E cando o fillo dos celtas,
No tempo que está por vir,
Pensativo camiñante,
Pase quezáis por aquí;
Cando no tempo en que gia,
Se vexa a luna lucir,
Dirá ó verte desde longe:
—O valente Brandomil,
E da doce e nobre Eiriz;
Para sempre quedará,
Longa memoria de tí:
E cando o fillo dos celtas,
No tempo que está por vir,
Pensativo camiñante,
Pase quezáis por aquí;
Cando no tempo en que gia,
Se vexa a luna lucir,
Dirá ó verte desde longe:
—O valente Brandomil,
Saído da gentil e boa raza |
Dos celtas, repousa alí.
|
A
vixencia do celtismo como referente identitario para boa parte dos
galegos podemos comprobala en programas como Terras de Merlín, emitido
hai uns anos pola TVG e do que podemos ver un resumo aquí.
E aínda, se temos máis vagar, darlle unha olla a este debate.
Neste blog recóllese unha completa análise das orixes do fenómeno celta en Galicia.
E, por último peor non menos importante, a explicación que QUICO CADAVAL deu no seu momento do noso himno.
Neste blog recóllese unha completa análise das orixes do fenómeno celta en Galicia.
E, por último peor non menos importante, a explicación que QUICO CADAVAL deu no seu momento do noso himno.
terça-feira, 15 de maio de 2012
LETRAS GALEGAS 2012
Como sabedes, este ano as Letras homenaxean a figura de Valentín Paz Andrade.
Para comemorar dun xeito diferente este día, anímovos a que lle botedes unha ollada a este vídeo que vos colgo no que diferentes persoeiros da cultura galega analizan a situación actual da nosa lingua. Mirádeo, reflexionade, opinade... e...
Faládea!!
segunda-feira, 30 de abril de 2012
Concurso!
Como parte das celebracións do 17 de maio, a Xunta vén de convocar un concurso de textos de amor -en galego, enténdese-, para os mozos e mozas. Quen estea interesado en participar ten toda a información nesta ligazón.
quarta-feira, 25 de abril de 2012
Dicionarios de galego
Para facilitarvos a lectura dos textos de Castelao, aquí tendes as ligazóns a dous dicionarios bastante completos:
- O da Academia Galega
- O de Alonso Estraviz
domingo, 22 de abril de 2012
Hai amores que matan

A compañía de Teatro Chévere, logo da súa "expulsión" de Santiago de Compostela, ten andado hiperactiva a preparar obras de teatro, gañar premios ás medias ducias e, o que máis nos interesa, a preparar unha obra-culebrón-historiaonline xunto cos alumnos do IES A Cachada de Boiro.
A idea é adaptar a traxedia de Shakespeare "Romeo e Xulieta" ao noso tempo e espazo: o amor imposible dunha parella de mozos que pertencen a familias... que falan diferentes idiomas!
Quen dixo que en galego non se liga?
NESTA LIGAZÓN podedes ver toda a información sobre a actividade.
E AQUÍ tendes os videos para ir seguindo a súa evolución.
A idea é adaptar a traxedia de Shakespeare "Romeo e Xulieta" ao noso tempo e espazo: o amor imposible dunha parella de mozos que pertencen a familias... que falan diferentes idiomas!
Quen dixo que en galego non se liga?
NESTA LIGAZÓN podedes ver toda a información sobre a actividade.
E AQUÍ tendes os videos para ir seguindo a súa evolución.
domingo, 4 de março de 2012
Lecturas Castelao 3ª avaliación

Para o alumnado de 3º de ESO, a lectura da terceira avaliación van ser varios dos textos narrativos breves de Castelao: Retrincos, Un ollo de vidro e unha escolma de Cousas.
Estas obras existen en varias edicións:
- A editorial Galaxia ten un volume onde aparecen conxuntamente os dous primeiros títulos, e para as Cousas podedes botar man da edición que temos na biblioteca -hai exemplares abondos-.
- Para quen queira ter os tres títulos, e ademais a restante obra narrativa do autor, existen dúas "Obras completas volume 1" entre as que podedes escoller: a de Galaxia -máis bonita e máis cara-, e a de Akal -menos da metade do prezo da anterior e cos mesmos textos.
Agora só tendes que copiar os datos da ligazón correspondente e ir encomendar canto antes o libro á libraría que máis vos chiste.
E para irdes entrando en materia, máis abaixo tendes outra entrada (Castelao on line/en liña), onde podedes ver un video biográfico, moitos dos seus debuxos e pinturas, cancións adicadas a el e aínda escoitar a súa voz desde do Alén!
sexta-feira, 17 de fevereiro de 2012
As Vangardas no CPI de Mondariz
Velaquí a mostra vangardista d@s alumn@s de 4º ESO A.
1º) Unha mostra do Dadaísmo.
2º) Agora unha mostra do Creacionismo.
1º) Unha mostra do Dadaísmo.
2º) Agora unha mostra do Creacionismo.
Parabéns!
terça-feira, 14 de fevereiro de 2012
O Amor está no ar...
quarta-feira, 8 de fevereiro de 2012
San Valente está a caer...
Non vos esquezades de escribir as vosas mensaxes de amor, os cupidos de profes e alumn@s xa están á vosa disposición diante da sala de profesor@s.
ANIMÁDEVOS!!!!
segunda-feira, 6 de fevereiro de 2012
domingo, 5 de fevereiro de 2012
A praia dos afogados
O cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia de Panxón...

Esta obra de Domingo Villar é a lectura obrigatoria para 4º ESO no segundo trimestre. Lembrade que a data para o control de lectura quedou para o venres 24 de febreiro durante o recreo.
Déixovos un pequeno vídeo onde o propio autor fala da súa obra.
quarta-feira, 1 de fevereiro de 2012
Querémonos en galego
Para celebrarmos o Día dos Namorados convidámosvos a que expresedes os voso sentimentos en galego. Para participar tedes que escribir un texto (carta, declaración, poema...) de temática amorosa adicada á persoa que QUEIRADES.
Para facerlle chegar os vosos sentimentos este ano tendes dous medios:
1º) Depositando o voso texto nas caixas de correo que hai diante da porta da sala de profesores, poñendo por fóra o destinatario da mesma. Na data sinalada un Cupido irá polas clases repatíndoas aos afortunados/as.
2º) Enviando o texto ao enderezo de correo electrónico queremonosengalego@gmail.com. Os correos recibidos imprimiranse e repartiranse no mesmo día.
Animádevos a dicirlle o que sentides a esa persoa especial!
Por se vos serve de inspiración, aquí tendes esta canción en galego de américa. E debaixo a letra, por se vos escapa algo:
Eu fico imaginando nós dois
Eu fico ali sonhando acordado
Juntando o antes, o agora e o depois
Por que você me deixa tão solto?
Por que você não cola em mim?
Tô me sentindo muito sozinho
Não sou nem quero ser o seu dono
É que um carinho às vezes cai bem
Eu tenho meus desejos e planos secretos
Só abro pra você mais ninguém
Por que você me esquece e some?
E se eu me interessar por alguém?
E se ela, de repente, me ganha?
Quando a gente gosta
É claro que a gente cuida
Fala que me ama
Só que é da boca pra fora
Ou você me engana
Ou não está madura
Onde está você agora?
Quando a gente gosta
É claro que a gente cuida
Fala que me ama
Só que é da boca pra fora
Ou você me engana
Ou não está madura
Onde está você agora?
terça-feira, 31 de janeiro de 2012
poesiagalega.org

No enderezo http://www.poesiagalega.org/ podedes acceder a obras poéticas, estudos e textos varios relativos á poesía galega moderna e contemporánea.
Ademais, ten unha parte colaborativa para que deixedes as vosas producións, se vos sentides inspirados...
quarta-feira, 25 de janeiro de 2012
Controis lectura 1º e 3º ESO
As datas dos controis de lectura dos libros da segunda avaliación son os seguintes:
1º de ESO, O pazo baleiro de Xabier P. Docampo: XOVES 23 de FEBREIRO
3º de ESO, Aire negro de Agustín Fernández Paz: MARTES 28 de FEBREIRO

E agora que xa o sabedes... boa lectura!
Subscrever:
Mensagens (Atom)