terça-feira, 31 de janeiro de 2012

poesiagalega.org



No enderezo http://www.poesiagalega.org/ podedes acceder a obras poéticas, estudos e textos varios relativos á poesía galega moderna e contemporánea.


Ademais, ten unha parte colaborativa para que deixedes as vosas producións, se vos sentides inspirados...

quarta-feira, 25 de janeiro de 2012

Controis lectura 1º e 3º ESO

As datas dos controis de lectura dos libros da segunda avaliación son os seguintes:


1º de ESO, O pazo baleiro de Xabier P. Docampo: XOVES 23 de FEBREIRO




3º de ESO, Aire negro de Agustín Fernández Paz: MARTES 28 de FEBREIRO


E agora que xa o sabedes... boa lectura!





quinta-feira, 10 de novembro de 2011

terça-feira, 1 de novembro de 2011

Dicionario de nomes



Para os que aínda cren que a ANTROPONIMIA é unha enfermidade contaxiosa, nesta ligazón tedes acceso a un documento onde se explica a orixe e significado da maior parte dos nomes e apelidos; ademais, na páxina 61 hai outra ligazón que permite consultar os lugares da Galiza nos que hai máis xente co voso mesmo apelido.
INSTRUCIÓNS:
1. Abrir o documento.
2. Ver o índice da páxina 1.
3. Avanzar até a páxina 16, que é onde comeza a listaxe de apelidos e nomes.
4. Buscar o significado do(s) voso(s).
5. Apuntalo para despois explicalos na clase.
Ala! Xa podedes comezar!

sábado, 1 de outubro de 2011

A evolución das linguas na Península



Nesta animación -con música da Banda de Poi, para quen lle interese- pódese ver como desde o ano 1000 os romances peninsulares (galego-portugués, astur-leonés, castelán-andaluz, aragonés e catalán-valenciano) e o euskera van modificando os seus territorios orixinarios.
Reparade en como o romance central (castelán) vai ocupando o espazo das linguas veciñas até facelas desaparecer (astur-leonés, aragonés) ou convivindo con elas nunha situación de "bilingüísmo" (representado polos territorios a raias: galego, catalán-valenciano, euskera)
E isto non pasou só aquí: a lingua foi tamén compañeira do Imperio en Francia, onde o romance occitano -no sul- viuse reducido até case desaparecer pola presión do francés.

sábado, 24 de setembro de 2011

Dende o Departamento de Galego do CPI de Mondariz, unímonos ás protestas da AMPA do CEIP Ben-Cho-Sei de Ourense

Libros de lectura para 1º e 3º



Como xa lles dixen aos meus alumnos na aula, velaquí tendes os datos dos libros que ides ler no primeiro trimestre:
- Para 1º da ESO: Tonecho de Rebordechao do escritor Breogán Riveiro, editado por Galaxia. Para que vaiades vendo de que vai, clicade AQUÍ.
- Para 3º da ESO: Made in Galiza de Séchu Sende e da editorial Galaxia tamén. AQUÍ podedes verlle a cara ao autor e saber da súa vida, e AQUÍ hai unha apresentación do libro en cuestión. E ademais, no lateral dereito desta páxina, aparecen unhas bombonas con pinturas de guerra que son unha ligazón ao blogue do autor, e que tampouco vos vai facer mal ningún consultar.
Ala, a correr todos á biblioteca a ver se quedan exemplares ou á vosa libraría máis próxima para encomendalo!

segunda-feira, 8 de agosto de 2011

Seguimos de vacacións!!!

Inda quedan moitos días de vacacións, pero déixovos un vídeo-karaoke que @s rapaces do CEIP Virxe da Saleta fixeron sobre a lingua galega xunto co seu profesor de música, que seguro coñecedes porque estivo no noso centro, Martiño, espero que vos guste a tod@s!!! Podedes escoitar a versión neste enlace que vos deixo:

http://soundcloud.com/ticscea/cpi-virxe-da-saleta-a-lingua


PRATICADE MOITO!!!
 e 
Seguide disfrutando das merecidas vacacións!

terça-feira, 28 de junho de 2011

2ª FASE do II INTERCAMBIO co IES FERRO COUSELO de Ourense

O pasado 20 de xuño @s nos@s  alumn@s  de 1º da ESO déronlle a benvida  a Mondariz ao alumnado do IES Ferro Couselo de Ourense. No salón de actos proxectaron unha presentación en Power Point na que explicaban as riquezas monumentais e artísticas da zona e un vídeo tamén gravado por eles no que presentaban as instalacións do CPI de Mondariz.

A continuación @s nos@s alumn@s fixeron de improvisad@s guías turístic@s  polas marxes do  río Tea ata chegar a Balneario, onde nos recibiron @s responsables do balneario de Mondariz para ensinarnos as instalacións do Palacio da agua. No camiño de volta ata Mondariz, rematamos a actividade cunha xornada de convivencia, deporte e baño na praia fluvial do Val.
A experiencia foi todo un éxito e a valoración foi moi positiva por parte dos dous centros implicados, co cal pensamos en darlle continuidade  en vindeiros cursos.

Déixovos unha galería fotográfica.






quarta-feira, 15 de junho de 2011

Notas Exame

D@s alumn@s que ides a Londres, non superou o exame:
Bruno Boente
Tanto Bruno coma Erín terán que ir ao exame final.

terça-feira, 31 de maio de 2011

1ª FASE do II INTERCAMBIO co IES FERRO COUSELO de Ourense

Por segundo ano consecutivo, e despois de  estar preparando durante todo o curso o encontro con cartas de presentación, vídeos, etc.;  o alumnado de 1º ESO dos centros CPI de Mondariz e do IES Ferro Couselo de Ourense levaron a cabo a 1ª fase do Intercambio lingüistico-termal. 

@s nos@s alumn@s foron recibidos polos seus compañeiros ourensáns nas dependencias do seu centro e alí agasalláronnos cun vídeo informativo sobre as instalacións do seu IES e as distintas ofertas de turismo termal que ofrece a provincia de Ourense.

A continuación visitamos as Burgas, onde nos recibiu un guía do concello de Ourense e nos deu unha explicación sobre as propiedades mineromedicinais das augas, así como anécdotas sobre a historia da Burga.

Logo comezamos un percorrido pola marxe do Miño descubrindo as distintas pozas termais, dende A Chavasqueira, o Tinteiro, o Muíño da Veiga e Outariz; onde gozamos do baño e dunha xornada de convivencia entre os dous centros.

A seguinte fase do noso Intercambio é a visita do alumnado do IES Ferro Couselo a Mondariz. Agardámosvos e esperemos que o pasedes tan ben como nós en Ourense; en canto déixovos unha pequena galería de fotos para que non vos esquezades de nós. 






segunda-feira, 23 de maio de 2011

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2011- LIP DUB

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o EDLG xunto co Departamento de Lingua Galega e Literatura do CPI de Mondariz, organizaron unha pequena homenaxe ao galego e ao poeta monfortino Lois Pereiro. 
Deixámosvos o noso humilde traballo en forma de LIP DUB, A viaxe da nosa lingua, esperamos que vos guste e...

GRAZAS A TOD@S POLA COLABORACIÓN, sen vós non sería posible este vídeo.



quarta-feira, 11 de maio de 2011

LETRAS GALEGAS 2011

LOIS PEREIRO



Declaración

Amarte, vida, amarte case sempre,
inda que sexas dura e leves entremedias
piedade e odio intermitente.

Es ti a que sempre educas e aceleras
a doenza letal dos que non se resignan
a ignorar como es en realidade:
somentes un traxecto
cómodo e aldraxante cara á morte,
un tránsito inútil e innecesario.

Pero a ignorancia salva ós que non queren
arriscarse a perderte tan axiña
a cambio da renuncia a profanarte.

E aqueles dentes que perdín
precisaríaos agora para defender
as convicións nas que me reafirmo.

Solidario e amable, se é posible,
ou lobo estepario no desterro, completarei o círculo insurxente
coas balas do desexo.

Poesía última de amor e enfermidade, Lois Pereiro

terça-feira, 3 de maio de 2011

INTERCAMBIO IES FERRO COUSELO (OURENSE)

O alumnado de 1º ESO do CPI  de Mondariz continúa preparando o seu  intercambio lingüístico-cultural co alumnado de 1º ESO do IES Ferro Couselo de Ourense.
A continuación deixámosvos outra mostra de vídeos onde  falan do centro e das riquezas culturais das distintas parroquias do concello de Mondariz.

Esperamos que vos gusten. Seguiremos informando!!

domingo, 1 de maio de 2011

"Lendas douradas" de Roi Casal


Cólgovos o 1º videoclip do álbum Lendas douradas de Roi Casal, botádelle unha ollada e logo opinade...

C

quarta-feira, 27 de abril de 2011

MONDARIZ E A COMARCA

Neste vídeo, catro alumn@s de 3º ESO mostran os atrativos turísticos e culturais do concello de Mondariz e arredores. Pinchade nel e...

A VISITAR O NOSO CONCELLO!!!

A MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

Se pinchades neste vídeo podedes ver un magnífico estudo feito por tres alumnas de 3º ESO sobre a música tradicional galega.
Parabéns polo voso traballo!!!

sábado, 9 de abril de 2011

TRABALLAMOS COS ADVERBIOS

Exercicio 3º E.S.O.:
Inventade unha historia de 25 palabras na que predominen os adverbios. Engadídea no apartado de comentarios.

segunda-feira, 4 de abril de 2011

O CASTELO DE SOBROSO E O CASTRO DE TROÑA



 TELEXORNAL COMARCAL DE MONDARIZ

Co gallo do Intercambio Lingüístico-cultural que @s alumn@s de 1º ESO do noso centro van realizar c@s do IES Ferro Couselo de Ourense; dende Mondariz estamos organizando unha serie de traballos para darlles a coñecer o noso centro e a nosa comarca ao alumnado ourensán.

A primeira actividade consistiu en redactar unha serie de cartas de presentación para @s alumnos de Ourense.

A segunda actividade foi grabar un vídeo de presentación, cal Telexornal comarcal para "promocionar" a nosa zona e o noso colexio.

A continuación colgamos unha mostra dos vídeos recollidos, esperamos que vos guste e vos animedes todos para seguir participando. 




P.D. Seguiremos colgando máis novidades!!!!